Búsqueda avanzada

Filtra por provincia

Filtra por nombre

Filtra por categorías

Sin Coste?

Concurso

V Certamen de Carteis Brais Alonso

  • Categorías: Artes gráficas
  • Convocante: Ayuntamiento de Arbo
  • Premio: 250€ + 150€
  • Presentación: Presencial + Correo
  • Lugar: Arbo, Pontevedra
  • Fecha cierre: 16-03-2018
Añadir a mi agenda

Información

Bases del V Certamen de Carteis Brais Alonso

1. Obxectivo ou Finalidade do concurso

O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis con motivo da celebración da “XXIII Festa da Lamprea Seca” que terá lugar os días 11 e 12 de agosto do ano 2018.

Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel para a “XXIII FESTA DA LAMPREA SECA” promovendo así a festa gastronómica do Municipio.

2. Participantes

Poderán participar no concurso todos os interesados no mesmo.

3. Tema, Característica técnicas, Soporte e Material

Tema: XXIII FESTA DA LAMPREA SECA

Soporte: As propostas serán entregadas en calquera soporte que os participantes consideren axeitado e en soporte electrónico á máxima resolución.

Poderán presentarse como máximo dous carteis por participante. Os traballos serán presentados nun sobre pechado e acompañadas dun sobre adicional tamén pechado no que figurarán os datos persoais do participante, fotocopia do DNI e domicilio e teléfono ou medio de contacto. De ser dous os carteis, deberán achegarse en sobres distintos.

Nos carteis deberá incluírse de xeito correcto as letras e a edición da festa correspondente ao ano 2018: “XXIII FESTA DA LAMPREA SECA 11 e 12 DE AGOSTO”.

Material: Os materiais a empregar poderán ser lapis de cores, ceras, acuarelas, témperas, collage, etc.

4. Premios e réxime fiscal

Establécense os seguintes premios:

1º Premio: 250,00 euros.

2º Premio: 150,00 euros.

O importe dos premios será sufragado con cargo a aplicación orzamentaria correspondente do exercicio 2018, quedando supeditada a resolución de concesión dos mesmos a existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio 2018.

Os premios estarán suxeitos a correspondente retención nos termos previstos na Lei 35/2006 de 28 de novembro reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

5. Presentación

O prazo para a entrega das propostas de carteis finalizará o día 16 de marzo de 2018.

Ditas propostas serán entregadas no rexistro xeral do Concello, Praza do Consistorio nº 1, 36430, Arbo (Pontevedra) nun sobre pechado e acompañadas dun sobre adicional tamén pechado no que figurarán os datos persoais do participante, fotocopia do DNI e domicilio e teléfono ou medio de contacto.

No exterior do sobre indicado, aparecerá, en letras maiúsculas o tema do concurso, sen constar alusión algunha que permita identificar ao concursante, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.

6. Xurado

Haberá un xurado composto por representantes dos distintos ámbitos sociais e culturais do Concello de Arbo, cuxa designación se fará pola Alcaldía, e de cuxas deliberacións e conclusións se deixará constancia na acta que se levantará ao efecto.

O xurado valorará especialmente a creatividade, o impacto visual e a súa relación coa filosofía do evento.

O xurado poderá deixar baleiros os premios se ningunha proposta acada a calidade esixida, ou rexeitar para o concurso aquelas que non se axusten ás bases.

O xurado elevará ao órgano municipal competente a proposta de premios que corresponda corresponda outorgar.

Os premios faranse públicos nos medios de comunicación e nas redes sociais, indicando, cando menos, o nome e apelidos dos/as gañadores/as.

7. Traballos premiados

As propostas presentadas e premiadas ficarán en poder do Concello, podendo facer uso das mesmas para calquera evento que desenvolva, e podendo ser obxecto de exposición ou reprodución por parte dos convocantes, sen que elo dea dereito a retribución algunha para os concursantes.

O Concello poderá efectuar cantas reproducións precise do cartel que obteña o premio e difundilo, sen que polo seu autor poda evocar dereitos ao respecto, podendo empregar a imaxe completa do cartel ou parte dela para realizar material relacionado coa festa.

Do mesmo xeito, poderá introducir algunha modificación nos carteis premiados se existirá algunha dificultades técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo quen non figure inicialmente nas bases.

8. Traballos non premiados

As obras non premiadas devolveranse aos seus autores, podendo estes pasar a recollelas polas dependencias municipais, a partir do quinto dia posterior ao fallo do xurado no mesmo lugar onde foron entregadas. Transcorrido o prazo de 30 días, o Concello non se responsabilizará do destino das obras non retiradas.

9. Publicidade

A convocatoria deste concurso e as súas bases, así como os sucesivos anuncios relativos ao concurso publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello e no Facebook do mesmo.

10. Normas finais

O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por todos os concursantes das presentes bases

Os órganos competentes, en cada caso, quedarán facultados para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do concurso, en todo o non previsto nestas bases.

 

Ver en el mapa

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies